A Festa estará amenizada pola Charanga Europa e a Disco Móbil Conxuro
A cita está organizada por Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello, e foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, o edil Alfredo Fernández, e unha representación destas dúas asociacións que se encargarán da tradicional cita do verán cervense que cada ano reúne a milleiros de persoas que se achegan ata as inmediacións da Praza do Souto para degustar este manxar.
Desde a organización precisan que se comezarán a servir as racións de ovos, patacas, chourizo, pan e bebida a partir das 20:00 horas, a un prezo de 7 euros.
A cita estará amenizara pola Charanga Europa e pola Disco Móbil Conxuro e teñen previstos 8000 ovos e 4000 chourizos que se prepararán en vivo e en directo.
O Concello anima a veciños e visitantes a gozar desta Festa tan popular do verán de Cervo e da contorna.