Cervo, 29 de xullo, 2024. O Concello de Cervo acollerá a presentación do libro ‘Talismáns, enciclopedia máxica de Galicia’, de José de Cora, Roberto Díaz e Pepe Tejero. A cita é este xoves, 1 de agosto ás 20:30 horas na Casa da Cultura, en San Cibrao.
“Talismáns” ofrece unha mirada completa á intersección entre tradición, cultura, historia, fe e natureza que define a identidade de Galicia.
O inicio desta obra remóntase a 1992 e rematou en novembro do pasado ano. Os autores percorreron durante o proceso toda a xeografía galega, documentando ‘talismáns’ e recompilando historias vencelladas a eles, algunha moi interesante relacionada coa nosa serea máis internacional: A Maruxaina