A alcaldesa, Ana Ermida, e a concelleira de Saúde Pública, Montse Porteiro, visitaron a aula na que se desenvolvía o taller e explicaron que “o curso foi contratado polo Concello de Barreiros co fin de refrescar e fixar os coñecementos que puideron ter adquirido na formación para as respectivas titulacións”.
A rexedora manifestou o compromiso do Concello de Barreiros coa adquisición de coñecementos básicos en primeiros auxilios e o reforzo de certas técnicas que poden contribuír a salvar vidas no día a día. Neste sentido, Montse Porteiro, lembrou que tamén se realizan este tipo de talleres para crianzas nas distintas actividades que se organizan desde o Concello, co fin de afianzar os coñecementos desde idades moi temperás.
A xornada, impartida por EMERGAL Ensino, non só refrescou os coñecementos, senón que contou cunha parte práctica na que o persoal puido aplicar as técnicas en reanimación cardiopulmonar e/ou atragantamentos; contando con moi boa valoración desde o propio persoal.