As Pontes, 5 Xullo, 2024. O home pedaleaba unha embarcación coa súa dona, que o perdeu de vista tras tirarse a auga para nadar.
Eran as 16:45 horas desta tarde cando un alertador contactou co 112 Galicia para indicar que unha muller chegara ao areal, en Vilavella, nas Pontes de García Rodríguez, nunha embarcación de pedales pedindo axuda. O seu marido botárase a auga para nadar e perdérao de vista. Nese mesmo intre, outra persoa particular informaba aos xestores de emerxencias que un home pedía auxilio no Lago das Pontes, onde a praia do Lago, ao carón do Club Náutico. Aseguraba que había xente que trataba de axudalo pero que non podían.
Desde o 112 Galicia ademais de poñer en aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, púxose, decontado, a situación en coñecemento dos Bombeiros do Eume, da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Así, tras a busca pola zona co distinto material acuático que os servizos de emerxencias desprazaron ao punto, finalmente, o corpo do home foi localizado e rescatado polos Bombeiros e polos efectivos de Protección Civil.