Contarase coa presenza de Joam Carmona Badía, catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC e con Alberto Parage, veciño da localidade e gran coñecedor da historia, que xa ten colaborado coa A. C. Francisco Lanza noutras Xornadas de Historia Local.
Os diferentes actos vanse desenvolver no Salón de Actos da Casa do Mar, en horario de 20,30 a 22,30. O sábado haberá unha viaxe pola ría de Ribadeo en torno ás 13,00 horas.
O xoves 18 abrirá as Xornadas Joam Carmona Badía, coa súa charla: “Riga-Amsterdam-Ribadeo: a idade de ouro do comercio ribadense”.
O venres 19 intervirá Alberto Parage coa súa charla: “O estaleiro de galeóns de Ribadeo”.
O sábado 20, en horario diferente, que vai roldar as 15,10 horas, farase unha viaxe pola ría de Ribadeo para facer un comentario dos principais puntos de recollida de madeira para o desenvolvemento da actividade nos estaleiros ribadenses. Haberá un límite de 34 prazas. O prezo pode oscilar entre os 10 e os 20 € (aproximadamente). Quen estea interesado/a en inscribirse ou pedir máis información debe enviar unha mensaxe por whatsapp ao número de teléfono 699809606 indicando nome e apelidos e o comentario “Viaxe Xornadas Historia Local”. O billete pagarase ao subir ao barco.