Site icon Crónica3.com A Mariña

“As silveiras das estradas da Deputación”, por Carlos Fernández Louzao

Mediados de xullo e as estradas de Xove pertencentes á Deputación, sen rozar. Ano tras ano repítese a mesma historia, mesmo se agrava, pois, o pasado ano, e semella que este tamén vai ser así, ata agosto non as veremos rozadas.

Sei que son responsabilidade da Deputación, da Área de Mantemento e Obras dependente do PSOE de manter as cunetas limpas, máis tampouco o noso goberno municipal fai nada para mellorar a situación de perigo que xera no tráfico e nos viandantes, mesmo para a imaxe que se proxecta de cara ao turismo.

O Concello de Xove conta con recursos económicos, materiais e humanos para rozar as
estradas e mellorar así a seguridade do tránsito no rural de Xove, e se a Deputación corta as silveiras en xullo ou agosto, a ben seguro que lle collia outra pasada por parte do Concello no mes de xuño, co que evitaríamos chegar á situación de abandono que temos a día de hoxe.

Din que non é competencia municipal, que ten que ser a Deputación a que faga ese traballo, e si, é certo, máis “unha pasadiña” antes do verán por parte do Concello, non lle viña mal.

Exit mobile version