Os nove socorristas, todos contratados polo Concello de Ortigueira, comezarán a traballar este luns, 15 de xullo
Ortigueira, 14 de xullo de 2024. Nove socorristas comezarán mañá luns, 15 de xullo, a súa actividade nas praias de Ortigueira e Espasante, recuperando un servizo que o goberno local, dirixido por Valentín Calvín, tivo sempre como unha das súas prioridades.
O rexedor afirma que “al fin hemos logrado traer de vuelta un servicio básico para mejorar la calidad y la seguridad en nuestros arenales, uno de los principales recursos turísticos de nuestro concello y que atrae a miles de visitantes cada año”. Calvín enfatiza en que “este es un recurso que Ortigueira nunca debió perder” y que, si se ha recuperado “es gracias a la implicación de este gobierno y a la inestimable colaboración de la Xunta de Galicia”.
O alcalde celebra que “a pesar de todas las dificultades, incluido el voto en contra de toda la oposición, hemos conseguido traer de vuelta el socorrismo y el salvamento a nuestras playas, que también son un motor económico de Ortigueira”. Lamenta que “desde 2016 el servicio se viese mermado en personal o incluso suprimido por la falta de compromiso de los anteriores dirigentes municipales”.
Cabe destacar que nove socorristas, todos contratados polo Concello de Ortigueira, é o número máis alto de profesionais desde hai case unha década, cando se agudizaron os problemas de contratación de persoal nesta materia.
SEDE DE FORMACIÓN
Esta non é a primeira iniciativa que o actual goberno local de Ortigueira realiza en materia de recuperación da calidade dos areais do municipio. Por unha banda, tamén relacionado co socorrismo, a vila foi unha das sedes da formación específica en socorrismo en Galicia esta pasada primavera.
A isto hai que sumar que o goberno local segue traballando en dotar aos socorristas duns medios técnicos adecuados para desenvolver as súas funcións. Á súa entrada no goberno, o executivo local atopouse cun material nun estado inservible, provocado polo abandono ao que se someteu durante anos previos. Dous das zódiacs de propiedade municipal estaban completamente inservibles, mentres que a terceira terá que ser reparada por completo.
Ademais, tamén se estiveron realizando diversas actuacións para mellorar o estado e a accesibilidade dos areais. Un exemplo é a obra na praia da Concha, na parroquia de Espasante, onde o Concello reparou as ramplas de acceso, permitindo ás persoas con mobilidade reducida chegar ata a caseta de salvamento e facilitando a transición das cadeiras de rodas convencionais ás específicas para o seu uso nas praias.
“DEVOLVER A CALIDADE Ás PRAIAS”
A suma de todas estas accións desenvolvidas desde o consistorio teñen un único obxectivo: “Devolver la calidad a las playas de Ortigueira”, declara Valentín Calvín. A recuperación do servizo de socorrismo e salvamento é un dos pasos necesarios para que os areais recuperen as Bandeiras Azuis, o selo de calidade de máis alto nivel ao que poden acceder.
Cabe lembrar que Ortigueira chegou a contar con cinco destes distintivos e, desde 2017, por mor da falta de mantemento e eliminación de servizos nos areais, non se consegue ningunha despois da perda do selo na praia de Morouzos.