Site icon Crónica3.com A Mariña

O venres remata o prazo de inscricións para a 1ª Andaina Solidaria organizada por Nordés

Mañón/O Vicedo, 15 de xullo, 2024. Este venres, 19 de xullo, remata o prazo de inscricións para a 1ª Andaina Solidaria organizada por Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, en colaboración co Concello de Mañón.

Esta Andaina, cun percorrido de 5 kms con saída e chegada á Praza do Mesón de O Barqueiro, terá lugar o sábado 20 de xullo.

O prezo da inscrición solidaria é de 15 € para os adultos e 10€ para menores de 18 anos, destinándose a totalidade do recadado para unha causa solidaria, que nesta ocasión será a doazón dos cartos a unha ONG ou institución que traballe coa infancia na Franxa de Gaza. Sabido é que dende outubro pasado máis de 14 mil menores foron mortos nese territorio do estado Palestino pola acción dos bombardeos, accións bélicas, fame ou enfermidades.

Para anotarse á andaina haberá que facer o ingreso do prezo de inscrición no número de conta de Nordés: ES24 0182 0679 2602 0158 2325 , ou por bizum ao número 653 75 64 54 (Ricardo B.), dando os datos da persoa ou persoas inscritas por guasap a ese mesmo número de teléfono.

Nordés agradece enormemente ao concello de Mañón a súa colaboración ao poñer á disposición da organización recursos humanos e materiais que permiten a Nordés sacar adiante esta proposta da Andaina Solidaria que esperamos teña continuidade en novas edicións.

Exit mobile version