As catro auxiliares municipais do servizo, de libre concorrecia, pasaron a traballar a xornada completa desde o día 1 de xullo
Alfoz, 7 de xullo de 2024. O Servizo de Axuda no Fogar, na modalidade de libre concorrencia, ofrecido polo Concello de Alfoz, incrementara o número de horas de asistencia, “este aumento permitirá ampliar a cobertura do servizo de axuda no fogar do Concello, podendo darse novas altas no servizo e aumentar as horas prestadas aos actuais usuarios” indica a alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, quen ademais ten asumidas as competencias dos Servizos Sociais municipais.
Este reforzo na atención aos maiores é posible debido á variación nas condicións laborais das catro auxiliares municipais do SAF, que pasaron a traballar a xornada completa desde o pasado 1 do xullo, no canto da media xornada anterior. Efigenia Maseda subliña que “trátase dunha boa noticia dentro do ámbito social, mellorando as condicións laborais das traballadoras, que se suma a unha optimización na prestación do servizo do SAF”.
Na outra modalidade de funcionamento do Servizo de Axuda ao Fogar, a de dependencia, o Concello de Alfoz ben de solicitar á Xunta de Galicia máis horas de prestación de servizo. Desde a alcaldía recalcan que con esta medida trátase de continuar coa mellora do servizo, “para poder prestar o maior números de horas de asistencia aos nosos maiores, optimizando os recursos e mellorando ademais as condicións laborais das auxiliares do SAF”, dando resposta a unha vella demanda das traballadoras, que se inclúe nos actuais orzamentos municipais.