Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de licitación para o servizo de limpeza dos aseos públicos de Viveiro

Viveiro, 1 de xullo de 2024. A Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro informa de que saiu a licitación o servizo de limpeza dos aseos públicos do concello. O día 11 de xullo remata o prazo, polo que se anima ás empresas locais a presentarse.

Os baños públicos que se abren son os do templete de música, a parrillada do parque, o hórreo de Xunqueira, o monte de San Roque, e os baños do parque de Covas.

“É un servizo importante para os nosos veciños e veciñas e as instalacións deben estar sempre nas mellores condicións”, asegura Míriam Bermúdez, tenenta de alcaldesa e responsable da área de Medio Ambiente.

Os horarios de apertura das instalaciones será de 09:00 a 22:00 horas en tempadas especiais: do 15 de xuño ao 15 de setembro, do 20 de decembro ao 7 de xaneiro (Nadal) e do 13 de abril ao 20 de abril de 2025 (Semana Santa).

Do 16 de setembro ao 14 de xuño, a excepción dos períodos comprendidos na tempada especial, o horario de apertura será de 09:00 a 20:00 horas.

Exit mobile version