Site icon Crónica3.com A Mariña

A Vicepresidencia da Deputación colabora co I Simposium Basketology organizado en Foz por ADC Drocer

Foz, 18 de xullo de 2024. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora con ADC Drocer na realización do I Simposium Basketology para xogadores e adestradores de baloncesto. Trátase dunha actividade que se desenvolve dentro das actividades complementarias ao Título de Técnico deportivo en baloncesto dende o pasado domingo, 14 de xuño, ata o 21 de xullo.

O basketology reúne durante esta semana en Foz a 17 xogadores e xogadoras de todo o Estado e dos Países Baixos e 15 adestradores. A formación está a cargo de Antonio Perez (Leb Oro HL Alicante) ao que se suman outros catro mestres e mestras colaboradores. Ao mesmo tempo celébrase o Ribadeo Basket PRO que reúne a 37 xogadoras de todo o Estado baixo as ordes de Lucas Fernández (Guernika LF Endesa) e 9 adestradores máis.

Dende a área de Deportes da Vicepresidencia provincial destacan a importancia de colaborar con estas accións, que permiten que as adestradoras e adestradores, así como xogadoras e xogadores melloren a súa calidade técnica con algúns dos representantes de máis nivel no baloncesto galego e estatal.

Ademais I Simposium Basketology, Drocer realiza formación complementarias – formación de adestradores, Lugo Basket Pro, e campus de adestradores e xogadores –, nos que participaron 100 técnicos e 300 xogadoras e xogadores e que contan coa colaboración da área de Deportes da Vicepresiencia da Deputación de Lugo para o desenvolvemento de diferentes accións formativas ao longo do ano.

Exit mobile version