Site icon Crónica3.com A Mariña

A tradutora Rocío Viéitez visita este mércores a Libraría Bahía de Foz

Falará sobre a novela da autora palestina Suzan Albahawa, ‘O azul entreo o ceo e a auga’ que ela traduciu, e tamén sobre a colección Candemaia da editorial Laiovento, na que está publicada esta novela, que ela impulsa e na que se traducen ao galego obras de autoras de tradicións literarias con pouca presencia na nosa lingua como é neste caso a palestina. O coloquio forma parte das actividades do club de lectura ‘A carón dos libros’ que se desenvolve na libraría, aberto para todo o público que quera asistir.

Exit mobile version