Foz, 21 de Xulio 2024. A plataforma de afectados pola subida de tarifas da Residencia e Centro de Dia de Foz convoca para o próximo dia 23 de Julio, ás 20 horas, no Cenima, unha asemblea para analizar o resultado do Pleno no que, “a pesar das artimañas do Alcalde practicando unha política do ordeno e mando, sen ningún acordo previo coas partes implicadas, incluíndo ao seu socio de goberno e familiares de residentes, non se validou, grazas aos votos motivados do P.P. e do BNG, a aprobación definitiva da licitacion do contrato de concesion do servizo de residencia e centro de día do concello. Neste sentido, valoramos moi positivamente, que debido aos números vicios e anomalías de todo o proceso, entre os que caben destacar as dúas anulacións do Tribunal de Contratos da Xunta, -unha sobre a licitación e outra sobre a mesa de contratación-, os grupos do PP e do BNG argumentaran en contra da aprobación definitiva”.
Así mesmo, a Plataforma nesta asamblea estudará os proximos pasos a seguir, todos eles encamiñados a acadar unha suba non abusiva -reflexada nuns prezos xustos- para os actuais e futuros usuarios da Residencia e Centro de Día de Foz, e dos que dará cumprida conta tanto á opinión pública focense como as institucións pertinentes.