Site icon Crónica3.com A Mariña

A pista de tenis de Burela pasa a chamarse ‘José Luis Yebra’

Foi desvelada unha placa conmemorativa na súa honra con motivo da celebración do X Torneo de Tenis Memorial José Luis Yebra

Burela, 29 de xullo de 2024. O Concello de Burela felicita ás persoas gañadoras do X Torneo de Tenis Memorial José Luis Yebra polo seu desempeño na competición. O evento organizado polo Club de Tenis A Marosa contou cun total de 40 participantes.

Con motivo do décimo aniversario do torneo desvelouse que a pista de tenis da Marosa pasa agora a chamarse Pista José Luis Yebra, en memoria do que foi un dos grandes impulsores deste deporte en Burela, ademais de socio do club.

Na categoría absoluta resultou campión Fernando Kanacri e subcampión Rubén Blanco, sendo Javier Fernández o campión de consolación.

En dobres absoluto gañaron Rafael Marful e Javier Fernández, seguidos de José María Pérez e Jose Ramón Veiga. A categoría sub-17 foi gañada por Daniel Fernández, seguido de Laura Kanacri, e a sub-13, por Leo Rodríguez e David Valle respectivamente.

Exit mobile version