A festa arrincará o mércores cunha espetada moura ás 20:00 horas, amenizada polo grupo Cordenaia seguida dunha gran verbena co Dúo D’Caché e a Disco Móbil Conxuro. O día grande, o xoves, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne seguida de procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal, a continuación será o vermú e o “tardeo” da man do cuarteto de gaitas de Bágoas da Terra de Disco Móbil Conxuro. Serviranse racións de churrasco e chourizo no mediodía do 25 de xullo. A festa está organizada polo Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula