Desde o BNG instan a cubrir as dúas prazas de facultativos sen máis demora
A Mariña, venres 5 de xullo de 2024. A situación no Centro de Saúde de O Valadouro sigue sen normalizarse totalmente. Despois de pasar varias semanas sen médico, despois de dúas multitudinarias mobilizacións veciñais o 14 de abril e o 29 de xuño, e despois de varias iniciativas do BNG no Parlamento, a situación é que no día de hoxe dotaron con un médico o centro de saúde, sen que se cubriran ainda de momento na súa totalidade as reclamacións da veciñanza que demandaba o que por lei lles corresponde: dous médicos sempre.
Na resposta dada polo conselleiro de Sanidade o pasado 26 de xuño ao deputado mariñao Daniel Castro, o conselleiro avanzara que o Centro de Saúde do Valadouro tería cubertas este verán as dúas prazas vacantes de facultativos coa incorporación de dosu médicos.
O PP, a remolque das mobilizacións veciñais
Neste sentido pronunciouse o deputado nacionalista afirmando que “estaremos atentos a todo o que ocurre no centro de saúde do Valadouro para que a situación se normalice, e para que a dotación de dous médicos que lle corresponden ás veciñas e veciños do Valadouro sexa efectiva o antes posible e non se volva a repetir a penosa situación de meses anteriores donde non había ningún médico e os pacientes eran derivados a outros centros de saúde ou ao PAC”.
Daniel Castro lamentou que o PP só actúe cando hai mobillizacións veciñais ou interpelacións parlamentarias como neste caso a do BNG, e parabenizou ás veciñas e veciños do Valadouro “pola súa constancia e firmeza na loita en defensa dos seus dereitos, que empezan a dar os seus frutos” . Afirmou tamén que “desde o BNG non imos permitir que nin neste nin noutros centros o PP leve adiante a súa política de desmantelamento da atención primaria reducindo persoal paulatinamente nos centros de saúde”