Este encontro ten como obxectivo principal informar sobre o proceso de adquisición da parcela onde se atopan os restos arqueolóxicos e proporcionar un espazo para debater e intercambiar ideas sobre a ampliación da fraga de Santo Estevo do Ermo, así como sobre a revalorización deste xacemento medieval. Será ás 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Barreiros. A organización convida a todos os interesados en coñecer máis sobre este proxecto a asistir e participar neste evento informativo e de debate.
A Irmandade Santo Estevo, Mariña Patrimonio e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA) organizan unha charla-encontro para o venres 19 de xullo, centrada na Fraga Santo Estevo do Ermo e os seus restos arqueolóxicos

Relacionado
-
Villares asistiu ao partido da primeira división Iberdrola FS entre o Burela e o Navalcarnero
-
O PP asegura que o Goberno de España non garante financiamento nin prazos para a EDAR de San Miguel de Reinante
-
O encontro natureWatch, que se celebrou en Barreiros, converte A Mariña nun enclave estratéxico como destino de referencia no turismo de natureza