Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Lugo, de 40 anos de idade, como suposto autor dun delito de furto no Valadouro

Os feitos delituosos tiveron lugar o pasado mes de xuño, cando supostamente a persoa investigada subtrae 26 valos metálicos nunha chaira anexa a unha nave propiedade do Concello do Valadouro. Os valos metálicos subtraídos están valoradas en 3000 euros e eran utilizadas na feira do gando da localidade. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.

Exit mobile version