Os feitos delituosos tiveron lugar o pasado mes de xuño, cando supostamente a persoa investigada subtrae 26 valos metálicos nunha chaira anexa a unha nave propiedade do Concello do Valadouro. Os valos metálicos subtraídos están valoradas en 3000 euros e eran utilizadas na feira do gando da localidade. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.