Haberá unha pantalla grande na praza do Concello para que toda a veciñanza poida animar ao equipo a partir das 21:30 horas
Burela, 17 de xullo de 2024. O Concello de Burela emitirá finalmente a participación do equipo da vila no programa Grand Prix o día 29 de xullo. Será na praza do Concello a partir das 21:30.
Este luns, 15 de xullo, non se emitiu o programa polos actos de celebración da Eurocopa, o que provoca un cambio nas datas.
Haberá unha presentación do equipo participante, e a continuación terá lugar a emisión do programa ás 22:05 en pantalla grande. Tamén se proxectará o vídeo que levou a Burela a ser protagonista do coñecido programa.
Dende o Concello animan a veciñanza a asistir vestida de azul para animar ao equipo, que se enfrontará ao da vila madrileña de Morata de Tajuña.
A alcaldesa Carmela López, convida de novo “a todas as veciñas e veciños a encher a praza do Concello para mandarlles todas as nosas forzas ao noso equipo, que de seguro porá o nome de Burela en boca de toda España”.