Mobilidade ten deseñada e definida desde a primavera unha modificación das frecuencias, paradas e rutas para un servizo de transporte máis útil e eficiente.
“Tras a reunión de hoxe, desde o concello debemos presentar a documentación solicitada, cunha avaliación da modificación das rutas, os horarios, frecuencias e o estudo de viabilidade económica”, explica Míriam Bermúdez, unha documentación que se poñerá en común co servizo de Mobilidade da Xunta.
A responsable da área de Mobilidade do concello quere “agradecer a predisposición e a colaboración de Javier Arias na reunión de hoxe”.