Site icon Crónica3.com A Mariña

A brigada de obras de Viveiro conta con dúas novas furgonetas “cero emisións”

Viveiro, 16 de xullo de 2024. A Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro informa da compra de dúas novas furgonetas para a brigada de obras do municipio. A adquisión destas furgonetas “cero emisións” foi subvencionada co Fondo de Compensación Ambiental.

A tenenta de alcaldesa de Viveiro e responsable da Área de Obras municipal, Miriam Bermúdez, encadra esta compra na “necesidade de renovar a frota da brigada de obras, que xa estaba moi, moi antiga”.

“As furgonetas cero emisións supoñen un novo paso na transición cara ó uso de vehículos verdes e eléctricos, máis respectuosos co medio ambiente, no Concello”, engade Bermúdez.

Exit mobile version