O evento rematou cun gran concerto o domingo 30 de xuño á tarde, que contou coa asistencia do Goberno local de Burela
O campamento comezou o pasado xoves 27 de xuño pola tarde, e nel conviviron ata o domingo rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos, que puideron desfrutar dun espazo educativo e de ocio que ten como obxectivo impulsar a creatividade, a formación e a interacción entre compañeiros e compañeiras.
O evento rematou cun gran concerto o domingo 30 de xuño á tarde, que contou coa asistencia do Goberno local de Burela. Nel, a rapazada participante mostrou o traballo feito nos 3 días anteriores.
O concelleiro responsable da Escola de Música, Mario Pillado, quixo “agradecer a presenza das persoas participantes, a confianza das familias e o traballo da asociación ASUEMBU”.
Tamén quixo dar as grazas “ás persoas voluntarias e ó persoal docente do campamento, así como ós traballadores e traballadoras do Concello por facer posible o éxito do campamento, e ó CEIP Virxe do Carme por ceder as súas instalacións”.
“Para nos é fundamental apoiar iniciativas deste tipo, que dinamizan a nivel cultural e educativo a vila”, sinalou Pillado. “Ademais ver a fortaleza das relacións que se crearon entre a mocidade é xenial, porque é o mellor que van levar non só como músicas e artistas senón como persoas, a forza do colectivo”, engadiu o tamén concelleiro de Educación e Mocidade.