Site icon Crónica3.com A Mariña

4 rutas guiadas permitirán coñecer a historia, a lenda e a paisaxe de Barreiros

Barreiros, 17 de xullo, 2024. Esta iniciativa enmárcase dentro dun proxecto máis amplo, “Barreiros dos antergos”, mediante o cal a asociación de hostalería barreirense en colaboración co guía turístico mariñán Boris Vilar e promotor de “Roteiros Galicia Norte”, buscan profundar no estudo e divulgación da historia, paisaxe e tradición do lugar. Un proxecto 360º, de norte a sur, con especial fincapé en mostrar esa parte máis descoñecida de Barreiros e a súa historia, e coa cal se pretende máis adiante ofrecer iniciativas fóra da tempada estival.

Esta primeira actividade a levar a cabo ten como obxectivo mostrar a natureza, a paisaxe e o patrimonio cultural de Barreiros, destacando a historia e o misticismo tan presentes na tradición desta localidade, á vez que se realiza un roteiro a pé. E para iso foron deseñadas catro roteiros concretos por diferentes lugares do municipio e que se realizarán en distintas datas ao longo da tempada estival. O primeiras catro roteiros programados serán gratuítas para todas as persoas participantes. Desde a asociación de hostalería queren “convidar” a esta primeira rolda a todas as veciñas e veciños do lugar coa idea de que poidan coñecer máis en profundidade o seu lugar de residencia así como certas anécdotas e particularidades do mesmo; e tamén, por suposto, a visitantes, persoas que teñan en Barreiros a súa segunda residencia, ou todas aquelas que poidan estar interesadas e queiran achegarse a gozar dunha actividade ao aire libre e de gran riqueza cultural.

As primeiras datas e roteiros programados son:

Domingo 21 de xullo. O valor oculto das praias de Barreiros.
Domingo 28 de xullo. Da Roda a Monte Comado, a vista no horizonte.
Sábado 3 de agosto. O Masma e as lendas sobre tesouros.
Sábado 10 de agosto. O misticismo de Santo Estevo do Ermo.

O inicio dos roteiros será ás 10:00h. e terán unha duración de 3 horas aproximadamente.

A participación nas mesmas require de inscrición previa que se pode facer contactando con rutasgalicianorte@gmail.com e por WhatsApp ou chamada no 634 631 461 (Boris Vilar).

Igualmente, o persoal da oficina de Turismo do Concello Barreiros así como os establecementos que integran a Asociación de Hostalería de Barreiros poderán ofrecer a información necesaria, e neles atoparase o cartel dos roteiros cun código QR para descargar o documento cos datos específicos dos roteiros.

Exit mobile version