Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza un ano máis a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado

Barreiros, 1 de xullo de 2024. A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza un ano máis a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 6 de xullo.

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e por iso desde a asociación Camiñantes e Camiños a organizamos neste 2024 e preparamos un sábado cheo de actividades”.

O programa deseñado para o 6 de xullo é o seguinte: “comezaremos cunha ruta de polo entorno de Santo Estevo ás dez da mañá. Os participantes recibirán como agasallo un sombreiro. Á unha do mediodía teremos misa cantada polo Coro Airiños do Mar e logo procesión. Despois ás 13:30 horas degustación de sardiñas á que seguirá a sesión vermú ás 14:00 horas con The Sound Project. Xa para as tres da tarde está previsto o xantar popular, ás cinco teremos xogos de mesa, ás oito poderemos gozar dunha nova sesión musical a cargo de The Sound Project. E ás dez da noite pecharemos a xornada cun espectáculo de maxia do Mago Rafa”, relatou Gómez Puente.

Para o presidente da asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros “é moi importante manter as tradicións, polo que invito a que os veciños e as veciñas do noso concello e aos visitantes que pasan o verán pola zona, a que se acerquen e participen en harmonía, paz e amizade, estados aos que nos achega este paraxe máxico, que é o Santo Estevo do Ermo”.

Exit mobile version