Aos máis de 50 camiñantes, quenes pagaron entre 10€ e 15€ para participares, uníronse ca erca de 30 donantes a través do “dorsal 0”, o que levou a acadar algo máis de 1000€ que serán entregados a unha ONG ou institución que traballe a prol da infancia de Gaza tal e como estaba anunciado.
Nordés quere agradecer a toda a xente que participou dunha forma ou outra a súa solidariade, así coma ao concello de Mañón a súa colaboración desinteresada e necesaria para que todo saíra ben, ademáis da súa aportación en forma recursos materias, humanos, xunto con auga e agasallo dunha bolsa que foron entregadas xunto cos dorsais a quenes saíron da praza do Mesón do Barqueiro para facer o roteiro que nun principio ía ser de 5 kilómetros, pero que remataron sendo 7 unha vez que ser percorreron algunhas das rúas do pobo aproveitando que o día estaba para camiñar.