Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, visitou este martes o Campamento Urbano de Verán, un servizo que iniciou a súa prestación onte e se prolongará ata finais de agosto

Un total de 100 nenos e nenas participan en cada quenda, con listas de espera para cada unha delas. “Unha actividade para favorecer a conciliación de 100 familias de Viveiro cunha alternativa de ocio saudable durante os meses de verán”, explica María Loureiro. O concello lembra ás familias que, tal e como establecen as bases de selección, as tres faltas de asistencia sen xustificación serán motivo de baixa na quenda correspondente, para dar a oportunidade aos nenos e nenas da lista de agarda.

Exit mobile version