Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Vilalba reitéralle á Xunta a necesidade de consensuar “de xeito urxente” unha solución para a estación de autobuses

“Oito meses despois da última reunión que mantivemos, non responden ás nosas solicitudes para desbloquear a situación”, asegura Marta Rouco

Vilalba, 2 de xullo de 2024. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, reitéralle de novo á directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, a necesidade de consensuar “de xeito urxente” unha solución para a estación de autobuses.

A alcaldesa solicitoulle unha vez máis por escrito unha reunión “para desbloquear unha situación que non merecen os veciños e veciñas de Vilalba, cunha estación de autobuses en estado de abandono e pechada, nin sequera é posible acceder aos baños”.

“A sensación é de impotencia, xa pasaron oito meses desde a última reunión que mantivemos coa Xunta, na que nos plantexaron unha alternativa inviable”, lembra Marta Rouco.

“Vilalba necesita unha estación de autobuses, somos un concello cabeceira de comarca con moito movemento, e mentres non se acorda unha solución definitiva, as instalacións deben contar cuns servizos mínimos”, engade a alcaldesa.

“O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou nas últimas semanas un ambicioso plan para reforzar o transporte público en Galicia, unha aposta que contrasta coa realidade da nosa estación, non podemos esperar máis”, remata.

Exit mobile version