Contou coa participación de 44 instantáneas e cun gran nivel que llo puxo certamente difícil ao xurado. Como vén sendo habitual o fallo dase a coñecer cada 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente. Primeiro premio: Cea ao atardecer, de Anxo Cao, con 58 puntos. Segundo premio: Esfinge Colibrí, de Germán Paleo, con 57 puntos. TOP Cervo, á mellor fotografía na que se indentifique claramente unha paraxe do noso Concello: A Ponte do Bao, de Germán Paleo con 49 puntos.