Contarase coas seguintes propostas, unha delas nova con respecto ás anteriores edicións, todas elas para realizar nos meses de xullo e agosto:
-De Flor en Flor. A vida dunha colmea. A través deste percorrido ponse en valor a importancia das abellas, xa non só coma produtoras do noso mel, se non tamén o valor que teñen para o noso ecosistema. A xerarquización interna que teñen na súa colmea e a identificación dos mesmos.
– O Fráxil fogar da Pillara das Dunas. Un percorrido para amosar o fráxil fogar deste paxariño e como todos podemos botar unha man para que poida seguir entre nós. Tamén faremos especial fincapé na importancia do coidado do medio-ambiente.
– O día a día dun gandeiro. Visita granxa Mantoño Holstein. Poñer en valor o sector primario tan importante nas nosas vidas. Coa colaboración da Granxa Mantoño Hosltein, descubriremos a labor diaria dos nosos gandeiros/as.
-Rutas xeolóxicas Litoral de Barreiros. Un percorrido polo litoral de Barreiros no que as nosas praias e cantís falaran da súa orixe, faremos un percorrido polo planeta, e entenderemos as formacións tan curiosas que non deixarán indiferente a ninguén.
Todas as rutas son gratuítas. É necesario inscribirse na páxina web de turismo municipal www.barreirosturismo.gal (sección ”Actualidade e Axenda”). Para resolver dúbidas poden contactar coa Oficina de Turismo municipal, teléfono 982 134 400.