Alfoz/Valadouro, 2 de xuño, 2024. A Asociación Veciñal Santa Filomena do Cadramón organiza a festa coa colaboración económica da CMVMC do Cadramón.
Haberá misa na capela ás 12:30h, a continuación procesión e sesión vermú a cargo do Dúo Estrellas.
Ás 14:30h haberá un xantar popular no campo da festa, previa reserva antes do día 10 de xuño, as prazas son limitadas.
Así un ano máis tratan de recordar tempos pasados onde os veciños ían coas súas familias de merendas pasar o día de festa.
O menú, elaborado por Seiramar, consta de empanada, churrasco, postre, bebida, café e chupito. Adultos, 25€ persoa, Nenos de 6 a 12 anos, 15€/neno e nenos menores de 6 anos gratis.
Ás 18:30h haberá un concerto de música tradicional a cargo de Fol do Raxal de Cervo, actuación subvencionada dentro do programa Tradigalu 2024 de Cultuta, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a continuación a partir das 20:00h dará comezo a verbena co Dúo Estrellas e o Dúo D´Caché.
Dende a organización agradecen a Seiramar Espectáculos representante dos festexos, e tamén agradecen a colaboración do Concello do Valadouro e do Concello de Alfoz así coma a dos veciños que botan unha man para que esta festa saia adiante.