Site icon Crónica3.com A Mariña

Volta e Dálle organiza para este sábado no Viceodo a “Xornada Teatro Terra”

O Vicedo, 19 de xuño, 2024. Será no Teatro das Cortes con este programa:

17:30h MESA REDONDA (aberta á participación do público)
O teatro, a música, e outras manifestacións artísticas como como ferramentas de dinamización na comunidade rural, será a tema central que trataremos na mesa redonda na que participaran representantes de varias Asociacións e Colectivos Culturais.
A mesa estará coordinada polo fotógrafo Eduardo de Martís.
Participarán:
Alfonso Blanco Torrado, fundador da A.C. XERMOLOS de Guitiriz
Marisa Freire Blanco , coordinadora e actriz do Colectivo Cultural OLLOMAO de Barreiros
Afonso García Pena, coordinador teatral da A.C. Don D ALDEA de Palas de Rei
Ricardo Bellas Murias, Coordinador de actividades da A.C. O NORDÉS
Antón Vazquez Turnes, Coordinador e actor da A.C. PAPAVENTOS de Vedra.

20:30h ESPECTÁCULO TEATRAL “XACOVEDRA” DA CIA. DE TEATRO ANDARAVÍA
(XacoVedra é unha comedia musical sobre o camino de Santiago e os anos Xacobeos. dirixida a público familiar).
https://fegatea.gal/obra/xacovedra/

Exit mobile version