“Fixemos as xestións necesarias para evitar que 70 persoas tivesen que desprazarse a Ferrol”, explica a alcaldesa, María Loureiro
Viveiro, 20 de xuño de 2024. O Concello de Viveiro acollerá o xoves 27 de xuño, por cuarto ano consecutivo, a celebración dos exames de Lingua Inglesa que realiza a Universidade de Cambridge para acreditar o nivel de coñecemento de lingua inglesa dos nenos e nenas en idade escolar.
“Fixemos as xestións necesarias para que os exames do Cambridge Assessment English poidan celebrarse de novo en Viveiro, evitando que os alumnos e alumnas se teñan que desprazar a Ferrol”, explica a alcaldesa, María Loureiro, polo se prestou a colaboración necesaria coa organización, facilitando o uso das catro salas nas que se celebrarán os exames.
“É un servizo que lle damos ás familias para facilitarlles as cousas e evitar os desprazamentos”, engade.
As probas terán lugar na sala multiusos da casa do concello e en tres aulas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. O exame reúne a un total de 70 aspirantes: 7 alumnos do nivel Pre-A1 Starters e 14 do nivel Flyers, que son os niveis orientados a nenos e nenas de 6 a 12 anos. Ademais, examiránse outros 49 candidatos para o nivel de certificación B1 Preliminary for Schools.
As probas están realizadas por un centro examinador autorizado para a súa realización, cuxo equipo de examinadores oficiais vela por un correcto desenvolvemento das mesmas.