Viveiro, 21 de xuño de 2024. O Concello de Viveiro acolleu a presentación dunha nova edición do DéporCampus Cabreiroá, que se celebrará coa colaboración da S.D. Viveiro.
Despois do éxito do ano 2023, con máis de 100 participantes, repite un dos DéporCampus Cabreiroá con máis edicións, xa que está en activo desde 2016.
Á presentación asistiron Jesús Fernández Fernández, 2º tenente da alcaldesa de Viveiro; Francisco Rojo Vizoso, Presidente da S.D. Viveiro; e Sergio Maurente, Coordinador do Programa Local da Fundación RC Deportivo.
A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 1 e 5 de xullo. Os interesados poden consultar toda a información da sede de Viveiro e realizar o proceso de inscrición ata as 14:00 do martes 25 de xuño nesta ligazón: https://deporcampus.rcdeportivo.es/é/viveiro-2024/inicio
Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.