O concerto da banda de música infantil en galego será gratuíto, e servirá para celebrar a fin do curso e pechar a tempada de actuacións organizadas polo Concello no primeiro semestre do ano
O concerto desta banda de música infantil en galego será gratuíto, e servirá para celebrar a fin do curso e pechar a tempada de actuacións organizadas polo Concello no primeiro semestre do ano.
“Este evento será o último deste semestre contratado a través do convenio coa Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC”, explica a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
“Dende o Concello xa estamos a preparar a programación do seguinte semestre, que de seguro estará chea de espectáculos tan destacados como o deste sábado”, engade Gómez.
O concerto terá lugar ás 18:00 do día 15 de xuño no auditorio da Casa da Cultura de Burela. Nel, Uxía Lambona e a Banda Molona fará “cantar e bailar coma toliños e toliñas a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo”.
A agrupación naceu no ano 2014, e está formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Abraham á gaita e á frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía á voz.
A día de hoxe contan con catro traballos discográficos publicados: ‘Uxía Lambona e a Banda Lambona’ en 2015, ‘A bailar como tol@s’ en 2017, ‘Astronouta Sideral’ en 2019 e ‘EEIII CARBALLEIRA!!’ en 2023.