O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular 20 minutos antes das 15:00 horas desta tarde. Durante a comunicación, o alertador explicou que dous vehículos colidiran e quedaran nunha zona perigosa pola néboa. Tamén indicou que podía haber tanto feridos como atrapados tralo accidente.
Con esta información, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Barreiros, Policía Local, Garda Civil de Tráfico e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mondoñedo.
Logo de chegar ata o lugar do suceso, os Bombeiros fixeron uso do material de excarceración para poder liberar a un dos condutores, o cal tivo que ser trasladado ata o hospital de referencia ao igual que o outro condutor, os únicos ocupantes dos vehículos.
Ademais, os Bombeiros realizaron labores de limpeza na vía logo de que un dos vehículos perdera aceite tras sufrir o impacto.