Sucedeu sobre as cinco e media desta tarde. Foi a esa hora cando un alertador informaba ao 112 Galicia do accidente. Indicaba que había dous coches implicados, un deles envorcado, e que había persoas atrapadas nos dous vehículos, na LU-862, kilómetro 76,2, á altura de San Román de Vale, en O Vicedo.
Ademais do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou ao punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense, acudiron os Bombeiros de Viveiro, a Garda Civil de Tráfico, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e o persoal do servizo de mantemento da estrada.
Os profesionais sanitarios confirmaron ao 112 Galicia o falecemento dunha das persoas e o traslado no helicóptero da outra persoa que resultou ferida e que tivo que ser excarcerada polos Bombeiros.