“Unha actuación que permitiu renovar o pavimento e os servizos da zona”, explica a alcaldesa, María Loureiro
Trátase de catro viais moi concorridos dada a súa proximidade á praia de Covas e á existencia na zona de edificios de vivendas e establecementos comerciais.
“A actuación, cun investimento de 164.392,96 euros, incluíu labores de mellora da pavimentación na zona destinada ao tráfico rodado, así como a reposición dos servizos urbanos de rede de saneamento, implementación da rede separativa de pluviais e dotación dunha nova rede de abastecemento de auga”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
Era unha obra incluída no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2023 da Deputación de Lugo.