Ribadeo, 15 de xuño de 2024. Hoxe rematan a súa estadía en Ribadeo os 15 alumnos italianos que durante quince días realizaron prácticas en empresas de Ribadeo da man de Apaga e do programa Erasmus + que está a desenvolver a asociación.
Ademais de formación a expedición italiana tamén tivo a oportunidade de coñecer Lourenzá e Mondoñedo, onde visitaron a Cova do Rei Cintolo. En Ribadeo pasearon polo casco histórico, achegáronse ás praias, coñeceron a ría gozando dunha viaxe en barco e foron recibidos polo alcalde, Daniel Vega, no Pazo de Ibáñez.
O broche de ouro a esta estadía tivo lugar nas instalacións de Apaga na xornada de onte, onde alumnado e titores das empresas ribadenses que os acolleron puideron departir e compartir impresións e experiencias. Deste xeito remata esta mobilidade de Apaga.
O 6 de xullo está previsto que cheguen a Ribadeo outros 15 alumnos italianos para facer prácticas durante unha quincena en empresas da localidade.