Site icon Crónica3.com A Mariña

Recepción no Concello de Ribadeo a Elena Justo e Manuela Lastra do Club de Piragüismo Altruán polos novos éxitos deportivos acadados

Ribadeo, 26 de xuño de 2024. No salón de plenos do Concello de Ribadeo tivo lugar unha recepción ás campioas de España Elena Justo e Manuela Lastra, do Club de Piragüismo Altruán.

Manuela Lastra ven de proclamarse campioa de España en infantil K1 3000 e Elena Justo é tamén campioa de España en PK3 3000.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “Elena e Manuela recibiron como agasallo un vale de 150 euros en recoñecemento aos seus méritos deportivos”.

O alcalde, Dani Vega, e o edil de Deportes felicitáronas “por este novo éxito e por levar o nome de Ribadeo ao mais alto do podio do piragüismo” e animáronas “a seguir na liña de esforzo e dedicación que iniciaron hai anos”.

Manuela Lastra e Elena Justo estiveron acompañadas polo seu adestrador, Ramón Cabodevila, e polo presidente do Club Altruán, José Ángel Fernández.

Exit mobile version