Cervo, 14 Xuño, 2024. Foron liberados polos Bombeiros de Viveiro para, posteriormente, seren evacuados ao centro hospitalario de referencia.
Trátase dos únicos ocupantes dos vehículos implicados, unha furgoneta e un turismo, que bateron na N-642, ao paso por Cervo, en Daián.
A consecuencia do impacto, ambos os dous condutores quedaron atrapados no interior dos vehículo, polo que deberon intervir os Bombeiros de Viveiro.
A alerta sobre este sinistro activouse no 112 Galicia pasada a unha desta tarde, cando foi atendida a chamada dunha persoa particular que avisaba da colisión. Indicou que había persoas atrapadas, así que os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia procederon, segundo os protocolos establecidos, a realizar as peticións correspondentes para a mobilización dos recusos: bombeiros, sanitarios, efectivos de emerxencias e axentes de seguridade.
Deste xeito, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou unha dotación, unha UVI móbil, mentres que os bombeiros preparáronse para o rescate dos atrapados. También acodiron efectivos do GES de Cervo e axentes da Garda Civil de Tráfico.