Con hat-trick de Emilly, o conxunto laranja non deu tregua a un moi serio Poio
Burela, 1 de xuño, 2024. Ás 18.00h desta tarde, no pavillón municipal Vista Alegre, de Burela, disputábase o primeiro partido da semifinal dos Playoff polo Título de Primeira División Iberdrola, o derbi galego máis común da tempada, o “Derbi das Costas”, Pescados Rubén Burela FS – Poio Pescamar, cun resultado final 4-0. Nunha tarde na que as Festas Patronais de Burela non impediron subir a nosa sempre dispoñible afección a Vista Alegre a contribuír con esta primeira vitoria do Pescados Rubén en semifinais, con arredor de 800 espectadores, entre os que tamén destacou a admirable resposta da afición do equipo rival, que viaxou dende Pontevedra a Burela en multitude.
Comienza el derbi y ya en el minuto 2 Patricia adianta o marcador para as locais cun disparo dende a frontal. Non é ata o minuto 7 ata que o Poio ten unha clara ocasión que frustra Caridad nunha boísima recuperación de Laura Uña en media pista, quedándose soa ante a porteira que salva a situación saíndo ata a frontal a polo balón. Chega o 2-0 no minuto 7 cun rexeite de Emilly nun balón que choca coa barreira rival nun tiro de falta que a mesma xogadora brasileira saca. No minuto 11 case chega o terceiro tras un bo roubo de Irene Samper e consecuente disparo que detén Elena. No minuto 12 Ale de Paz tiraa ao traveseiro e no 13, Emilly roza o segundo pau nun disparo dende fóra da banda tras un pase longo de Antía Pérez. No 17 boa parada coas mans de Elena a un disparo dende a banda de Rafinha tras unha boa transición do Burela. Segundos despois Emilly volve rozar o pau, esta vez cun disparo frontal desde os 10 metros. Poucas opcións deixa o Burela a un loitador Poio que poucas veces logra chegar á portería das locais nestes últimos minutos da primeira parte. Unha moi boa parada de Caridad no último minuto a un tiro desde a banda de Laura Uña será a última ocasión de gol destes primeiros 20 minutos.
Na segunda parte ambos os conxuntos repiten quinteto. Os primeiros minutos discorren sen grandes ocasións por parte de ambos equipos, ritmo e xogo de balón ata o minuto 4 no que Ale de Paz se atopa con Caridad tras un disparo frontal afastado. No minuto 27 Patricia dispara á escuadra e dá no pau e na seguinte xogada Caridad sácaa a córner nun disparo de Ale de Paz tras un saque de esquina. Tíraa fóra Patricia tras un xiro a pase de Irene Samper nunha moi boa xogada colectiva no minuto 33 e segundos despois Cami volve tentalo nunha xogada colectiva nun disparo similar ao da súa compañeira de Yecla. No 34 López-Tulla decide comezar a presionar con xogo de 5 con Ale de Paz como porteira-xogadora. No 36 Patri volve atoparse con Elena nunha boa transición e no 37 chega o 3-0 cun gol de Emilly que chega soa co balón a portería baleira. No minuto 39 chega o hat-trick da Máquina e o 4-0 final, nun dobre penalti tras a sexta falta do conxunto pontevedrés.
Primeiro punto da semifinal para o equipo mariñán, que se enfrontará ao seu segundo partido, en Poio, o sábado que vén ás 17.00h. O encontro será retransmitido por Sinópsis Vuvuzela e pola TVG.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 4-0 Poio Pescamar FS
Pescados Rubén Burela FS (4): Caridad; Antía Pérez, Irene Samper, Patricia, Emilly – cinco inicial-, Cami, Antía Pérez, Dany (C), Rafinha. Entrenador: Julio Delgado.
Poio Pescamar FS (0): Elena; Martita, Ale de Paz, Rocío Gómez, Laura Uña -cinco inicial-, Elena Aragón, Saki, Lara Balseiro, Irene (C). Entrenador: Luís López-Tulla
Goles: 1-0, min.2: Patricia. 2-0, min.7: Emilly. 3-0, min.37: Emilly. 4-0, min.39: Emilly.
Árbitros: Adrián Calleja, Gael García, Héctor Valdés, Laura Carús.
TA: Cami, Laura Uña, Irene, Rocío Gómez.