Site icon Crónica3.com A Mariña

Preocupación pola localización do novo Centro de Saúde de Ribadeo

Ribadeo, 12 de xuño, 2024. A Plataforma pola Defensa do Centro de Saude fai diversas consideracións sobre o novo centro: “Como é sabido o Concello de Ribadeo e a Consellería de sanidade da Xunta de Galicia veñen presentando, dende hai mais de dous anos un proxecto de construir un novo Centro de Saúde en Ribadeo que podería ter algunas ventaxas con respecto ao actual e tamén algúns inconvintes. Por este motivo un grupo de veciños e veciñas tivemos unha serie de xuntanzas e intentamos analizar os pros e contras deste proxecto e imos exponer aquí un resumen do que levamos falado para coñecemento da veciñanza e que cada quen poida opinar como considere oportuno”.

“En primeiro lugar debemos suliñar que non temos nengún inconvinte en que se constrúa un novo centro se sirve para mellorar o servizo actual, ¡faltaría mais¡ pero por ahí empezan as dúbidas. Non coñecemos – porque non se publicou – nengún informe técnico que especifique cales son as carencias do centro actual e porqué non se poderían suplir con unha reforma do mesmo, que sería moito mais barata”.

“En segundo lugar, e esto é o que mais nos preocupa, preténdese construir o novo centro nun solar situado en fronte da estación de servizo, ou sexa a un km do centro actual e do miolo do casco urbano, o cal significa que a gran maioría dos usuarios e usuarías terían que desplazarse a pe ou en coche particular ou en taxi para recibir asistencia sanitaria”.

“Para coñecer mellor estes detalles fixemos unha serie de estudos e aquí van os datos concretos que poden interesar á veciñanza: Cada día de luns a venres acuden ao centro de saúde unhas 600-700 persoas por diferentes motivos (análisis, consultas, trámites burocráticos, urxencias, etc). Somente para análisis son 50-60 persoas (non todos os días). Fixemos unha enquisa entre as persoas que acudían a facer análisis (en total unhas 260 enquisas) e un 75 % aproximadamente desplazanse a pe, mentras que un 25 % veñen en coche. Dos que van facer análisis, arredor dun 67 % son persoas de mais de 65 anos, moitos de eles con dificultades de desplazamento como calquera pode entender”.

“Outra cousa que fixemos foi ponernos diante da estación de servizo entre as 8.30 e 13 horas da mañana en seis días distintos de semana e contar os automoveis que pasaban dando como resultado que a media foron entre 7 e 14 coches, furgonetas ou camións por minuto nese tramo horario. Pode entenderse fácilmente o que esto significa se se engaden outros 400 ou 500 coches entrando e saíndo do aparcamento do centro de saúde que agora se pretende levar a esa zona da Cantalarrana. Serían entre 800 e 1000 vehículos movéndose por aquela curva con mala visibilidade e ca estación de servizo enfronte. Esto son números que calquera pode comprobar, aquí non hai demagoxia nen política de nengún tipo. E téñase en conta que estes datos foron recollidos no mes de marzo, a ver qué pasa no verán”.

“Tamén debemos informar que o 21 de decembro de ano pasado tivemos unha entrevista co Sr. Alcalde e outras persoas do concello e dado que non chegamos a convencernos uns e outros quedamos en que nos citarían para unha nova charla con presencia de un técnico da Consellería de Sanidade pero o tempo foi pasando e ninguén nos chamou para ese novo encontro”.

“O último que sabemos é que no Pleno Municipal do dia 14 de maio tomouse o acordo de iniciar os trámites para recalificar os terreos destinados a este novo centro de saúde en fronte da estación de servizo”.

“Aquí deixamos esta información. Dende o noso ponto de vista sería un erro histórico levar o centro de Atención Primaria para Cantalarrana tendo como temos un servizo accesible e cómodo no centro do casco urbano, ao que poden acceder a pe a gran maioría dos veciños como todos sabemos. Que se pode mellorar xa o sabemos, como todo na vida”.

“Non entramos nas promesas da Xunta de Galicia, so suliñar que temos a impresión de que queren suprimir o servizo de radioloxía, o que suporía unha perda de prestacións e ter que desprazarse a Burela cando se precisase unha radiografía sinxela. E poñendo os pes na terra non podemos esquecer que a Consellería de Sanidade non é capaz de garantir a consulta de Pediatría dende hai moitos meses, como todo o mundo sabe. O único que propoñemos aos veciños é que se informen e pensen o que mais nos convén, a ver se nos van cambiar as orellas polo rabo”.

“Pola nosa banda iniciaremos unha serie de accións informativas das que daremos conta oportunamente”.

Exit mobile version