Viveiro, 1 de xuño, 2024. O aparcadoiro do pavillón municipal de deportes unicamente conta con sinalización horizontal na zona de aparcamento destinada a autocaravanas. O resto do aparcadoiro carece de sinalización que delimite as prazas de aparcamento para os outros tipos de vehículos e tamén de viais interiores indicativos da entrada, saída e sentidos de circulación, estes feitos fan que en días de alta ocupación se poidan producir situacións de risco para os usuarios.
Por todo o exposto, rógase ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para dotar da sinalización proposta ó aparcadoiro do pavillón municipal de deportes.
Camiño Real de Vieiro
No Camiño Real de Vieiro, os tramos da Estacada á Granxa e da Xota ata pouco antes da escola, teñen abondosa maleza, feito que fai estes tramos practicamente intransitables.
Por todo o exposto, rógase ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para o desbroce urxente dos mencionados tramos do Camiño Real de Vieiro.