Os burelenses lévanse o primeiro e segundo partido da serie ante o Ceutí con boísimo debut de Charly C. e actuación estelar durante 40 minutos de Michal Kaluza
Comeza o xogo e pálpase a tensión e presión dunha semifinal de playoff, con moito xogo, moita precaución, pequenos erros e moito ritmo. Aínda que sen goles, numerosas oportunidades por parte de ambos equipos, sobre todo nos últimos 10 minutos, como un lanzamento de Anuar que saca Michal co pé no minuto 17 e outra de Charly no último minuto de xogo que dispara desde fóra da área tras unha boa xogada colectiva, atopándose con Germán Román que a saca a córner. Xogo parello e dominio intermitente do xogo caracterizan a esta primeira parte que acaba 0-0 no marcador.
Na segunda parte comeza atacando o Ceutí cunha primeira intervención de Michal Kaluza, como sempre para quitarse o sombreiro. O xogo continúa parello como na primeira parte, con máis ocasións para o conxunto local nos primeiros minutos de xogo. Tras outra ocasión dos ceutís que parece gol pero que salva Kaluza, Charly C. téntao na portería contraria atopándose cun Rafa López que xoga esta segunda parte. Segundos despois chega o penalti a favor do Burela, con amarela ao porteiro do conxunto ceutí e chega o 0-1 con este disparo de Álex García. No 28 saca a man Rafa López para salvar o que podería ser o segundo dos visitantes a un disparo de Malaguti tras unha boa transición. Presiona o Burela ante un Ceutí descolocado tras o gol. Tras esta acción chega a segunda amarela para Charly, que deixa ao Pescados Rubén en inferioridade. Paradón de Michal no 29 a un disparo dende fóra da área de Abraham e na seguinte xogada chega o empate cun gol de Víctor Arévalo que a coa desde a área nunha boa xogada colectiva. No 31 Rafa López salva un disparo afastado incrible de Ismael, sacándoo a córner. Continúan presionando os de David Rial buscando de novo a vantaxe e nunha contra Mercado que a tira ao pau, chega o 1-2 cun golazo do sempre salvador e capitán do equipo, Lucho, que lla coa a Rafa López cun remate de moitísima calidade. Un minuto despois outro pau do conxunto ceutí entre outras ocasións que se suceden por parte de ambos os rivais e aumenta a tensión ante os últimos 5 minutos de xogo. Varios lanzamentos e situacións perigosas na área do Burela que non chegan a gol sucédense sobre todo a partir do minuto 37 no que Anto decide sacar o porteiro-xogador con Van de Casteele coa elástica negra. Unha primeira ocasión cunha intervención incrible de Kaluza que a saca a córner e chega o empate cun golazo de Sufian que remata desde a área. Tras o 2-2, dobre paradón de Kaluza que está facendo un partido de 12, como sempre. Tras outra ocasión de Ismael que se ve frustrada por Rafa López, falta perigosa a favor dos visitantes nunha man de Anuar que David Rial tenta aproveitar pedindo tempo morto e preparando o xogada pero que se atopa posteriormente coa defensa dos locais. No minuto 37 Anto saca a Van de Casteele como porteiro-xogador conseguindo de novo o empate cun golazo desde a área do capitán Sufian. Continúan presionando os ceutís de 5 pero sáelles caro e chega o 2-3 final no último minuto de xogo cun gol do hoxe, e tantos días, inspiradísimo Michal Kaluza a portería baleira, levando á final ao seu equipo sen ter que enfrontarse a un terceiro partido este martes.
Os mariñáns poderán prepararse durante toda esta semana para a final dos Playoff de Ascenso que comeza o sábado que vén, ante o vencedor da outra semifinal, Antequera ou Colo Colo, que se enfrontarán hoxe ás 18.00 ao seu segundo partido, en Zaragoza.
Ficha Técnica Unión África Ceutí 2-3 Pescados Rubén Burela FS
U.A. Ceutí (2): Germán Román; Víctor Arévalo, Christian Rubio, Anuar, Abraham -cinco inicial-, Dela, Nacho, Dani Fernández, Sufian, Chano, Diego Mercado, Álex García, Van de Casteele, Rafa López. Entrenador: Antonio Fernández “Anto”
Pescados Rubén Burela FS (3): Kaluza; Quelle, Pitero, Isma, Alberto -quinteto inicial-, Lucho, Rikelme, Charly C., Flethes, Álex García, Charly, Ismael, Malaguti, Mika. Entrenador: David Rial.
Goles: 0-1, min.26: Álex García. 1-1, min.29: Víctor Arévalo. 1-2, min.32: Lucho. 2-2, min.38: Sufian. 2-3, min.40: M.Kaluza
Árbitros: Jairo Leiva, David Pizarro, Badar Motie, Radia Demga.
TA: Álex García Ruano, Rafa López, Antonio Fernández “Anto”, Abraham, Sufian, Diego Mercado, David Rial, Charly (AA), Malaguti, Mika.
TR: Charly (AA)