Alfoz/Valadouro, 19 de xuño, 2024. O Grupo Municipal do PsdeG-PSOE de O Valadouro insiste na problemática da falta de médicos de cupo no Centro de Saúde da localidade. “Segue a existir unha situación de precariedade, con atención so catro horas ó día, por un facultativo distinto cada día.Ademais uns días a atención e pola mañá e outros día é pola tarde. Desde a Xerencia da Área sanitaria non dan solución a esta situación, nin ofrecen alternativas”.
“Esto, como era previsible, está tamén repercutindo no veciño concello, según manifestan desde o PSOE de Alfoz, xa que numerosos veciños de O Valadouro, ao levar moitos meses sin ter médico de cupo, decidiron solicitar médico no Centro de saúde de Alfoz. Unido a que nos encontramos en época de vacacións, sen cobertura dos facultativos que as están a disfrutar, pode colapsar a asistencia do concello veciño”.
“Evidénciase unha falta de planificación e organización da Xerencia do Sergas, tendo en conta que a maiores, a poboacion vaise incrementar, engadido a avanzada idade da poboación, dispersión,etc… Amparándose na falta de médicos, sen buscar outra solución, cunha falta de interese polos veciños de O Valadouro, que vai afectar tamén a atención que reciban os de Alfoz”.
“É comprensible que os veciños e veciñas queiran ter unha atención primaria de calidade e cun seguimento por un MAP estable, por eso entendemos que ante a falta deste servizo en O Valadouro, moitos veciños e veciñas soliciten asignación de medico de cupo en Alfoz, incrementando a carga asistencial deste centro de saúde. Isto engadido á repercusión desta falta de atención no servizo de urxencias do Hospital Público de A Mariña, cun incremento de casos que poderían ser tratados na atención primaria”.
“É curioso que sigamos nesta situación, sen ofrecer solución. É posible que o PP pense que pode facer o que queira, porque gana as eleccións, a saúde do Val está en xogo, pensando que as urnas os avalan”.