Ás 17:30 horas desta tarde, seus pais puxéronse en contacto co 112 Galicia debido ás dificultades para acceder a ela. Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Barreiros para rescatar a cativa. Malia que estaba algo asustada, o seu estado de saúde era bo e rexeitaron a asistencia médica.
No operativo tamén colaboraron os axentes da Policía Local e da Garda Civil.