Nos últimos días tiveron a posibilidade de coñecer Vilanova de Lourenzá e Mondoñedo, e onte visitaron a Cova do Rei Cintolo. Durante esta semana realizarán un percorrido en barca pola ría de Ribadeo, a través dunha visita guiada percorrerán o casco histórico e tamén se achegarán á praia das Catedrais. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, sinala que “ademais da formación que están a recibir nas empresas de Ribadeo que colaboran coa nosa asociación aproveitamos para amosarlles os potenciais turísticos desta comarca. Hoxe son estudantes en prácticas, pero mañá poden volver como visitantes”. E engade que “a experiencia formativa está a resultar moi positiva para todos eles”.
A estadía deste grupo de 15 alumnos italianos rematará o vindeiro venres, día 14, cun encontro coas empresas como final desta mobilidade no local da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia.