“O Mercado Renacentista é unha data especial para Viveiro, unha festa que pon en valor a nosa historia, o legado dos nosos antepasados, que involucra a toda a veciñanza e que serve tamén para dinamizar o noso comercio e hostalería”, indica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Nos próximos días, o concello publicará o prazo para solicitar as sillas e mesas, así como a ocupación do espazo público da comida do sábado 6 de xullo.
O concello sacou a licitación a organización do Mercado Renacentista, que este ano corresponderá a unha nova empresa. O concello só cede os espazos sen ningún custe económico para as arcas municipais.
O desembarco de Carlos V, os xantares na rúa e o ambiente renacentista son o gran reclamo dun Mercado, que loce no se máximo esplendor co patrimonio cultural de Viveiro.