A vicepresidencia da Deputación e as concellerías de Deportes do Valadouro e Alfoz colaboran na organización do torneo,o 15 de xuño
A AD Río Ouro organiza este torneo co que o equipo xuvenil do club despide a temporada, e no que terá como rivais ao Real Tapia Futbol Club (Tapia de Casariego) e ao Iberia CF (Barreiros).
A área de Mocidade apoia a organización do evento, reforzando a colaboración da Vicepresidencia da Deputación co club valadourés e co tecido deportivo a través das axudas de concorrencia para a actividade competitiva.
O deputado Daniel García valorou “o papel do club como referente deportivo no concello, ofrecendo unha alternativa de ocio saudable para a rapazada, con equipos en diferentes categorias de formación” e incidiu na “relevancia do deporte como motor de dinamización social”
O concelleiro do Valadouro Eliseo Teijeiro explicou “a aposta do goberno local por reforzar a actividade deportiva e revitalizar as instalacions do Árbol coa celebración de eventos como este triangular ou a fase previa das Copas Deputación en categorías de base, que poñen en valor o traballo da AD Río Ouro durante todo o ano e traen xente ao concello”